La Voz de Galicia – Hai que buscar e inventar. Nunca pararse
- O octubre 16, 2011
- Por setestrelo
- En Novas, Portada
0
Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño, 1936) recibiu onte en Maceda a medalla de prata da asociación Setestrelo.-¿Que supón para vostede esta distinción?
-É un agasallo e unha ledicia, sobre todo porque leva o nome de Manuel Gómez Román.
-Recíbeo no marco dun premio, ¿que ten de importante este tipo de galardóns?
-É importante pola posta en valor da arquitectura. Todo o que se faga para que a sociedade saiba que a arquitectura é unha arte que se fai para que a xente viva mellor, está ben.
-¿Canto camiño queda por percorrer para pór á arquitectura o seu lugar?
-Queda todo o camiño.
-¿Como describiría ás novas xeracións de arquitectos?
-Están moito máis informadas. Dependerá da personalidade de cada un e depende das calidades de cada un. Como a literatura ou o periodismo. Onde hai moita xente, hai moita competencia e calidade.
-¿De que maneira afecta a crise no sector?
-Totalmente. As posibilidades de que a xente que faga arquitectura pecharon. Non se fai nada e é moi dramático para a xente que está preparada e que tiña toda a ilusión. Ten dereito a pensar niso, ten problemas graves. Os que somos vellos entendémolo mal porque pensamos que hai cousas que non están ben que motivan esta situación.
-¿Que pode facer o colectivo?
-Buscar novos camiños e non perder a ilusión. Inventar cousas. Hai que buscar e inventar. Nunca pararse. Tiñamos o mundo da arquitectura desfasado. Como cidadá hai que tentar comprender o mundo no que vivimos para poder cambialo.
-¿Cal é o consello que daría a un arquitecto novo?
-Que leve un camiño persoal de evolución. E social, como bo cidadán. Que sexa reflexivo e, sobre todo, crítico.