Homenaxe ás mulleres no lavadoiro e muiño restaurados (A Barxe)
- O octubre 7, 2018
- Por Administrador
- En Novas, Portada
0
Rematada a restauración do Lavadoiro da Barxe e o Muiño, por iniciativa de Francisco Nóvoa, tivo lugar un acto de homenaxe popular a todas as mulleres, co descubrimento dunha placa na que reza «neste lugar mantiveron emocionados parladoiros as abnegadas mulleres traballadoras, que souberon transmitir as verdades silenciadas, e a nosa tradición oral en lingua galega».
Mostramos unha selección das referencias en prensa acerca do acto no xornal La Voz de Galicia e no Facebook do Concello de Maceda.