Concerto Catedral de Ourense

Concerto Catedral
Concerto Catedral

O sábado, oito de febreiro de 2020 tivo lugar un acto cultural na Catedral de Ourense, ca música como protagonista.

Organizado pola Asociación “Amigos do Castelo de Maceda, Setestrelo” e a agrupación musical “Os do Fuelle” ca colaboración do Grupo Academia Postal, Catedral de Ourense e Pastoral do Xordo tivo lugar un singular evento musical.

Un concerto do único Coro de Lingua de Signos de Galicia: “Música en mis Manos” conxuntamente ca «Escolanía da Catedral de Santiago» e a «Orquestra Praeludium«.

O coro “Música en mis Manos” con María Blanco na súa dirección é un coro único en Galicia formado por 15 persoas xordas e oíntes que transmiten a música a través da lingua de signos, demostrando que a a discapacidade auditiva non é un impedimento para o desenrolo de todo tipo de actividades cotidiáns, ou de ocio. Proxecto de integración para eliminar barreiras para persoas sen audición, de xeito que desfruten da música.

A “Escolanía de la Catedral de Santiago” é un coro formado por 40 nenos e nenas de entre 9 e 17 anos baixo a dirección de José Luis Vázquez.

A “Orquesta Praeludium” baixo a dirección de Mateo Iglesias conta con violoncelos, piano, acordeón o percusión.

Ilmo. Sr. D. José Pérez Domínguez, Deán do Cabildo Catedralicio de Ourense e Sr. D. Francisco Novoa, presidente de Setestrelo abriron o acto recalcando a importancia de este tipo de actos integradores nunha catedral ca asistencia de varias personalidades e cun cheo total de asistencia. Saudos xa traducidos a linguaxe de signos.

A continuación un viaxe musical por 14 temas dende música clásica do Códice Calixtino, temas de Bach ata pop.

Os momentos mais emocionantes vivíronse nos catro últimos temas, no que o protagonismo recaeu no coro “Música en mis Manos” traducindo a linguaxe de signos a letra de temas de John Lennon, Hallelujah de Leonard Cohen ou o Let it Be dos Beatles nas que a música cesaba para que os oíntes experimentasen como perciben o mundo as persoas  que non o son.

«Pretendemos propiciar a inclusión por medio da cultura, a mocidade e as distintas maneiras de vivir e sentir a música», palabras de D. Francisco Nóvoa, presidente de Setestrelo na presentación do concerto.

Si queres disfrutar do concerto:

Concerto:

Crónica fotográfica do Concerto:

Referencias de Prensa:

Son moitos os medios que se fixeron eco do Concerto, esta é unha pequena mostra da difusión nos medios de comunicación:

LA VOZ DE GALICIA

https://www.facebook.com/vozourense/videos/125656785414661/?t=1

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/02/09/musica-pueden-oir-catedral-ourense/0003_202002O9C6996.htm

FARO DE VIGO

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/02/09/musica-barreras-catedral/2244355.html

TVG

http://www.crtvg.es/informativos/concerto-inclusivo-para-xordos-na-catedral-de-ourense-4297754

CATEDRAL DE OURENSE

http://catedralourense.com/concierto-de-febrero-en-la-s-i-catedral-de-san-martin/

Excmo. Sr. Jesús Vázquez Abad

https://twitter.com/i/status/1226234386716205056

© Copyright 2020 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio