Os tres reitores intégranse no Foro Peinador

Xornal.com

Os reitores das tres universidades galegas Santiago, A Coruña e Vigo decidiron integrarse no Foro E. Peinador, para participar activamente nesta plataforma que propicia o reencontro entre as empresas e a lingua e cultura galegas. Así, prepáranse novas actuacións para estender o uso do galego no ámbito empresarial.

lestrove-11-2010

Tras a reunión mantida entre os responsables do foro e os máximos representantes das universidades, estes decidiron que se implicarán para que os obxectivos fixados no Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia “vaian tinguindo de galeguidade ou ámbito social, onde se xoga o futuro da lingua galega”.

Ademais, no encontro acordaron estudar a materialización dun plan que inclúa a creación dunha cátedra de Economía Galega, que probablemente levará o nome de Enrique Peinador Lines, o empresario galeguista que deu nome ao aeroporto de Vigo. Esta cátedra servirá para a formación de cadros empresariais no coñecemento da historia económica de Galicia e as estratexias xerenciais “en clave galega”. O plan tamén incluiría a organización anual dun acto dedicado á exaltación do galeguismo empresarial, e un mellor coñecemento das liñas de investigación desenvolvidas polas universidades con aplicacións industriais.

Segundo informa o foro, os tres reitores coincidiron en sinalar “a importancia do diálogo e do reencontro entre a economía e a identidade” como unha fórmula adecuada para buscar a cohesión social e reforzar a denominación de orixe dos produtos galegos nos mercados internacionais.Neste sentido, a organización tamén destaca o “importante apoio” prestado pola Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta, que participa nas actividades do Foro Peinador.

© Copyright 2021 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio