Os tres reitores das universidades galegas sumáronse onte ao Foro Peinador

La Voz

Os tres reitores das universidades galegas sumáronse onte ao Foro Peinador co obxectivo de normalizar a presenza do galego na economía do país.

A incorporación das universidades da Coruña, Santiago e Vigo propiciará unha serie de accións que teñen como finalidade «ir tinguindo de galeguismo o ámbito socioeconómico, onde se xoga o futuro da lingua galega».

Entre esas iniciativas está a creación dunha cátedra de economía que podería levar o nome de Enrique Peinador. Esta cátedra estaría destinada a formar cadros empresariais con coñecemento da historia económica de Galicia e tamén ao deseño de estratexias xerenciais en clave galega para «incorporar á actividade empresarial os elementos singulares que nos definen como comunidade con cultura de seu».

Tamén está previsto que anualmente teña lugar un acto de exaltación do galeguismo empresarial, que, ademais de dar a coñecer a figuras do sector, tamén promocione o labor de investigación desenvolvido polas tres universidades con aplicacións industriais.

A semana pasada comezaron os actos de investidura de galeguidade empresarial, actos que seguirán nos próximos meses, segundo sinalou o presidente do foro, Xosé González Martínez, con coñecidas empresas galegas, entre elas as do sector vinícola, nas que máis do 40% da produción están etiquetado xa en galego.

Os reitores das tres universidades e mais os empresarios que participaron no foro, que se celebra co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apuntaron a importancia que ten establecer un diálogo entre a «economía e a identidade», entre outras cousas, «para reforzar a denominación de orixe dos nosos produtos nos mercados internacionais».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2021 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio