Os Amigos do Castelo de Maceda, “Setestrelo”
- O diciembre 28, 2009
- Por setestrelo
- En Novas
0
IRIMIA – Alfonso Blanco Torrado
Comezamos o Ano Santo en MACEDA, berce do Cardeal Quiroga, líder da igrexa galega, privada dende a súa morte dun timón que vertebre o Pobo de Deus neste país.
Revitalizador do Camiño, fundou o Instituto de Estudos Xacobeos e a revista “Compostellanum”. Os Amigos do Castelo de Maceda, “Setestrelo”, loitan agora polo respecto e coñecemento da arquitectura popular e os camiños, como a calzada romana, a Via Nova, ou o camiño medieval que vai de Monterrei a Monforte. O aqueloutro que lembra o paso de Alfonso X cara a Allariz.