Obxectivos


Asociación Setestrelo quere dinamizar a vida cultural de Maceda en íntima relación con outros de aquén e alén da nosa fronteira, porque ao cabo, a vella “Gallaecia”, a que nos uníu cultural e lingüisticamente, volve rexurdir da man da Unión Europea, agora co rubro da “Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”.

O noso europeismo herdámolo daquela gloriosa Xeración Nós, integrada por ourensáns preocupados polo coñecemento da nosa historia e defensa do noso patrimonio cultural e lingüístico, que nos há servir de guieiro para desenvolver accións diversas.

Preocuparémonos do patrimonio arquitectónico, incentivando a rehabilitación da nosa arquitectura tradicional cos premios “Manuel Gómez Román”; faremos fincapé na defensa da paisaxe e tódolos elementos que a definen, como os camiños reais que atravesaron as nosas terras, promovendo seminarios e congresos en colaboración coas institucións públicas, fundamentais nesta tarefa.

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio