O premio Manuel Gómez Román recoñecerá a recuperación da arquitectura tradicional galega
- O octubre 18, 2009
- Por setestrelo
- En Novas
0
La Voz
Sestrelo, a Asociación de Amigos do Castelo de Maceda, presentou onte o «Premio Manuel Gómez Román á recuperación do hábitat rural e construccións adxetivas», un galardón que segundo o presidente deste colectivo, Francisco Nóvoa, ten como obxectivo «premiar a recuperación da arquitectura tradicional galega, os recursos e as solucións orixinais empregadas para esa recuperación e, ao mesmo tempo, sensibilizar aos cidadáns e loitar contra o feísmo».
No acto que tivo como esceario o castelo de Maceda tamén se apostou pola posta en valor e o aproveitamento dos recursos patrimoniais que supoñen as torres e castelos medievais, e Francisco Nóvoa defendeu desde Sestrelo crear unha rede en colaboración con Portugal para difundir e promocionar estes bens patrimoniais como un recurso turístico «como xa se está a facer noutros países de Europa».
Convocatoria en febreiro
O primeiro premio Manuel Gómez Román será convocado en febreiro de 2010 e contará cunha dotación de 2.500, máis medalla de prata, e 1.500 euros, máis diploma acreditativo para as obras galardoadas.
O galardón está promovido pola Asociación de Amigos do Castelo de Maceda