O Castelo de Maceda ten quen o defenda
- O noviembre 19, 2009
- Por setestrelo
- En Novas
0
A Nosa Terra
Baixo a denominación de ‘Setestrelo’ presentouse a pasada fin de semana a Asociación deAmigos do Castelo de Maceda. Este colectivo ten como obxectivos a defensa do patrimonio cultural, arquitectónico e ambiental da comarca de Maceda.
Nun acto que tivo lugar no propio castelo de Maceda o presidente da entidade, Francisco Nóvoa Rodríguez, resumiu os proxectos deste novo colectivo.
Entre eles a posta en valor da vía romana XVIII (Vía Nova) e o camiño medieval que ía de Monterrei a Monforte de Lemos; a creación dunha rede de concellos galego-portugueses con castelos e torres medievais que canalice a demanda turística interesada en espazos verdes e patrimonio monumental mediante a creación dun centro de estudos medievais.
Outro dos obxectivos da nova asociación é a creación dos Premios Manuel Gómez Román para incentivar a reconstrución da arquitectura tradicional galega.
Acto público
Ademais a presentación serviu para anunciar a posible celebración dun acto público o vindeiro 1 de novembro no cemiterio de Maceda para render homenaxe á memoria cultural e lingüística dos seus devanceiros coa colocación dunha placa conmemorativa.