Homenaxe ás mulleres no lavadoiro e muiño restaurados (A Barxe)

Rematada a restauración do Lavadoiro da Barxe e o Muiño, por iniciativa de Francisco Nóvoa, tivo lugar un acto de homenaxe popular a todas as mulleres, co descubrimento dunha placa na que reza «neste lugar mantiveron emocionados parladoiros as abnegadas mulleres traballadoras, que souberon transmitir as verdades silenciadas, e a nosa tradición oral en lingua galega».

Mostramos unha selección das referencias en prensa acerca do acto no xornal La Voz de Galicia e no Facebook do Concello de Maceda.

Placa homenaxe ao fillo predilecto de Maceda na fachada do Consistorio

O 17 de maio de 2017, descubriuse unha placa homenaxe a Francisco Nóvoa, lembrando o seu nomeamento como Fillo Predilecto de Maceda e como recoñecemento público polo seu labor constante a favor dos intereses do municipio.

Mostramos unha selección das referencias en prensa acerca do acto celebrado o pasado 17 de Maio de 2017 nos xornais La Región e Faro de Vigo.

Reseñas en prensa e na WEB do acto do 30 de Xaneiro 2016

Mostramos una selección das referencias en prensa e en páxinas WEB acerca  do acto de entrega dos premios Manuel Gómez Román celebrado o pasado 30 de Xaneiro de 2016.

Xunta de Galicia

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/4185/promocion-uso-galego-arquitectura-coa-entrega-dos-premios-manuel-gomez-roman

Faro de Vigo

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/01/31/amigos-do-castelo-maceda-suma/1395650.HTML

La Región

http://www.laregion.es/articulo/ourense/ourensano-manuel-seone-recibio-premio-setestrelo-arquitectura/20160130180736596485.HTML

http://www.laregion.es/album/ourense/entrega-premios-manuel-gomez-roman/20160130182058596489.HTML

WEB Galicia 24 horas

http://galicia24horas.es/2016/01/a-asociacion-sestrelo-impulsa-o-uso-do-galego-na-arquitectura/

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/maceda/2016/01/30/entregados-os-premios-gomez-roman-castelo-maceda/00031454176993159475398.htm

WEB Crónica de la Emigración

http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/miranda-asistio-entrega-premios-manuel-gomez-roman-asociacion-setestrelo/20160130184131070923.HTML

Facebook

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=937104159701851&set=a.937104033035197.1073741843.100002068281542&type=3&theater

Acto de entrega de Premios Manuel Gómez Román 2015

O acto de entrega de Premios Manuel Gómez Román terá lugar o vindeiro 30 de xaneiro de 2016, ás 12,30 h, no Castelo de Maceda.Cartel2005d

ACTA DO XURADO PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN EDICIÓN 2015, QUE TIVO LUGAR O SÁBADO 12 DE DECEMBRO DE 2015

Parabéns aos proxectos gañadores:

Na modalidade A) O proxecto de rehabilitación de vivenda para casa do Parque das Fragas do Eume, Monfero (A Coruña) redactado polo estudio SABÍN-BLANCO ARQUITECTOS SLP.

Na modalidade B) O proxecto de  Hortas de Caramoniña en Santiago de Compostela, redactado polo estudio ABALO ALONSO ARQUITECTOS.

Descargar acta do xurado premendo no seguinte enlace.

Imaxe do proxecto gañador na modalidade A

Imaxe do proxecto gañador na modalidade B)

Imaxes da reunión do xurado o sábado 12 de Decembro de 2015…

Ler máis»

Referencias en prensa premios Gómez Román 2015

Recopilación de referencias ó fallo do xurado na edición 2015 dos premios Manuel Gómez Román

La Región:

http://www.laregion.es/articulo/ourense/premios-gomez-roman-dous-proxectos-coruneses/20151213110446587651.html

La Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2015/12/13/premios-arquitectura-asociacion-setestrelo/00031449952728949449105.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/xinzo-de-limia/2016/01/28/e-importante-reconezan-premien-os-traballos-recuperaciontrives-celebra-sabado-festa-do-chourizo-vilanova/0003_201601O28C8992.htm

Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia

http://portal.coag.es/concursos/premios-manuel-gomez-roman-2015-da-asociacion-setestrelo/

Premios Gómez Roman 2015

CONVOCATORIA DOS PREMIOS “PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN Á RECUPERACIÓN DO HÁBITAT TRADICIONAL E CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS”, EDICIÓN 2015

A Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” acordou convocar os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, así como a entrega da súa Medalla de Prata a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

Os “Premios Manuel Gómez Román” pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilización dos materiais utilizados para a rehabilitación, e comprenden dúas modalidades:

a) Edificacións  tradicionais rehabilitadas ou restauradas.Concurso_ramon2015

b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas.

As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos, de acordo coas bases da convocatória, ata do día 14 de novembro de 2015, ás 12:00 horas.

Rematado o prazo de presentación de proxectos a concurso o día 14 de novembro, a reunión do xurado para o fallo de premios terá lugar o día 12 de decembro de 2015, ás 11:30 h, na sede de Setestrelo en Ourense, na Rúa Reza número 3.

Celebrarase o acto de entrega de premios no Castelo de Maceda, o día 30 de xaneiro de 2016  ás 12,30 horas. No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación.

Para descargar as bases do premio Manuel Gomez Roman á recuperación do habitat tradicional e construccións adxectivas 2015 prema na imaxe adxunta.

 

© Copyright 2020 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio