Concerto Catedral de Ourense

Concerto Catedral
Concerto Catedral

O sábado, oito de febreiro de 2020 tivo lugar un acto cultural na Catedral de Ourense, ca música como protagonista.

Organizado pola Asociación “Amigos do Castelo de Maceda, Setestrelo” e a agrupación musical “Os do Fuelle” ca colaboración do Grupo Academia Postal, Catedral de Ourense e Pastoral do Xordo tivo lugar un singular evento musical.

Un concerto do único Coro de Lingua de Signos de Galicia: “Música en mis Manos” conxuntamente ca «Escolanía da Catedral de Santiago» e a «Orquestra Praeludium«.

O coro “Música en mis Manos” con María Blanco na súa dirección é un coro único en Galicia formado por 15 persoas xordas e oíntes que transmiten a música a través da lingua de signos, demostrando que a a discapacidade auditiva non é un impedimento para o desenrolo de todo tipo de actividades cotidiáns, ou de ocio. Proxecto de integración para eliminar barreiras para persoas sen audición, de xeito que desfruten da música.

A “Escolanía de la Catedral de Santiago” é un coro formado por 40 nenos e nenas de entre 9 e 17 anos baixo a dirección de José Luis Vázquez.

A “Orquesta Praeludium” baixo a dirección de Mateo Iglesias conta con violoncelos, piano, acordeón o percusión.

Ilmo. Sr. D. José Pérez Domínguez, Deán do Cabildo Catedralicio de Ourense e Sr. D. Francisco Novoa, presidente de Setestrelo abriron o acto recalcando a importancia de este tipo de actos integradores nunha catedral ca asistencia de varias personalidades e cun cheo total de asistencia. Saudos xa traducidos a linguaxe de signos.

A continuación un viaxe musical por 14 temas dende música clásica do Códice Calixtino, temas de Bach ata pop.

Os momentos mais emocionantes vivíronse nos catro últimos temas, no que o protagonismo recaeu no coro “Música en mis Manos” traducindo a linguaxe de signos a letra de temas de John Lennon, Hallelujah de Leonard Cohen ou o Let it Be dos Beatles nas que a música cesaba para que os oíntes experimentasen como perciben o mundo as persoas  que non o son.

«Pretendemos propiciar a inclusión por medio da cultura, a mocidade e as distintas maneiras de vivir e sentir a música», palabras de D. Francisco Nóvoa, presidente de Setestrelo na presentación do concerto.

Si queres disfrutar do concerto:

Concerto:

Crónica fotográfica do Concerto:

Referencias de Prensa:

Son moitos os medios que se fixeron eco do Concerto, esta é unha pequena mostra da difusión nos medios de comunicación:

LA VOZ DE GALICIA

https://www.facebook.com/vozourense/videos/125656785414661/?t=1

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/02/09/musica-pueden-oir-catedral-ourense/0003_202002O9C6996.htm

FARO DE VIGO

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/02/09/musica-barreras-catedral/2244355.html

TVG

http://www.crtvg.es/informativos/concerto-inclusivo-para-xordos-na-catedral-de-ourense-4297754

CATEDRAL DE OURENSE

http://catedralourense.com/concierto-de-febrero-en-la-s-i-catedral-de-san-martin/

Excmo. Sr. Jesús Vázquez Abad

https://twitter.com/i/status/1226234386716205056

Bo Nadal e Feliz ano 2020

Desexamos que estas datas tan especiais nos acheguen a luz da amizade para que todos xuntos fagamos realidade os mellores porxectos de cultura e de paz.

Bo Nadal e feliz ano 2020

Francisco Nóvoa Rodríguez

PRESIDENTE

Asociación de Amigos do Castelo de Maceda

SETESTRELO

Feliz Nadal 2020 Setestrelo

Feliz Nadal 2020 Setestrelo

Himno a Ribeira Sacra

En apoio da Candidatura como Patrimonio da Humanidade para o ano 2021 a fadista María do Ceo ven de presentar «Himno a Ribeira Sacra»

Este tema interpretado por María do Ceo e con letra de Armando González presentouse acompañado dun videoclip con imaxes gravadas nos vinteun concello que forman a Ribeira Sacra: A Peroxa, A Pobra do Brollón, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Saviñao, Pantón, Parada do Sil, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadanedo.

O videoclip realizado por un grupo de persoas «amateur» de Maceda, baixo a dirección Alberto Outeiriño, cámara Roberto Cid, cámaras dron Javier Casas e Oscar Cid e fotografía José Juan Pérez.

Esperamos que esa Candidatura se faga realidade é sexa nomeada a Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade.

Mentres déixamevos o VideoClip para que desfrutedes:

 

“Comarca do Fuelle – (Festa Pagana)” novo videoclip de “Os do Fuelle”

Presentación do VideoClip A Comarca do Fuelle
Presentación do VideoClip A Comarca do Fuelle

O videoclip de “Comarca do Fuellle – ( Festa Pagana)» presentouse no salón de actos de ós Milagres o domingo 13 de outubro ás 18,45 h. Nunha gala na que estivo presente a música en vivo da man da agrupación “Os do Fuelle” e parte dos “ coprotagonistas” do vídeo así como o equipo técnico e personalidades.

A agrupación musical os do fuelle, que en 2017 facían a súa propia versión do «Despaciño» e un ano máis tarde de «San Benitiño», versionan nesta ocasión a Mägo de Oz e a súa coñecida canción «Festa Pagana», tema en torno ao cal xira o videoclip

O traballo, realizado na carballeira dos Milagres, contou coa colaboración especial das actrices Gloria Ferreiro e Claudia Basallo -avoa e neta na ficción-, que son as que inician a trama e danlle sentido ao vídeo, que pretende transmitir dúas mensaxes: que todos os veciños da ficticia comarca do Fuelle teñen o mesmo orixe e «que todos estamos máis conectados do que pensamos».

Do mesmo xeito que a canción vai viaxando polos distintos lugares, vanse engadindo caras coñecidas de xente de Ourense que se vai conectando aos poucos ao fío de lá verde da trama (Tamara Pérez, de Bamboleo, en Baños de Molgas; Rosario Cruz Lahoz, de Telemiño, en Esgos; María do Ceo, Cristina Pascual e Carlos Parra en Maceda; en Montederramo, Lucía Rodríguez, de Aquí Galicia; camiñando por Paderne de Allariz está Sergio Pazos; Patricia Santana, de Luar, na Festa da Pataca de Vilar de Barrio, e no mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, o actor Rubén Riós.

Trátase dun traballo onde ninguén percibiu ningunha retribución económica, gravado cunha cámara doméstica e feito novamente polo director afeccionado Alberto Outeiriño. Empregando escenarios naturais para a rodaxe, gravouse nas fins de semana de maio a agosto. Doce xornadas de gravacións polas 18 distintas localizacións situadas nos sete concellos e facendo máis dun centenar de quilómetros percorridos. No clip ven tamén os lugares que a letra da canción vai enumerando.

Praza de Maceda dedicada ao doutor Pedro Pascual Lage

Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda
Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda

O Concello de Maceda, dentro das actuacións de recoñecemento e homenaxe a persoas nacidas na vila ou que exerceron a súa profesión na mesma, aprobou o 24 de xullo de 2019, en pleno, por unanimidade, dedicar o nome dunha praza da localidade ao doutor Manuel Pascual Lage. A iniciativa foi presentada polo grupo municipal socialista, que presentou unha moción pedindo dedicarlle o nome da praza de Maceda ao xa desaparecido facultativo da localidade.

Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda
Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda

O acto de colocación da placa tivo lugar o sábado 5 de outubro de novembro dirixido polo alcalde de Maceda Rubén Quintas. O portavoz socialista Xabier Oviedo apuntou: «Queremos destacar que ou doutor Pascual é ou terceiro dous médicos rurais que tivo Maceda nos últimos tempos, e ou único non que na actualidade aínda non conta con recoñecemento. Entendemos esta proposta como un recoñecemento a súa labor profesional na segunda metade do século XX e comezos do XXI. Toda unha vida entregada a medicina rural, non sempre desenrolada cos medios técnicos axeitados, sobre todo na súa primeira etapa nas décadas dúas 60 e 70 do século pasado».

Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda
Placa Doctor Pedro Pascual en Maceda

Non faltou a animación musical a cargo de María cantando a capela o tema:” Non podo esquecerche, Terra Terriña“ e da agrupación musical “Os do Fuelle” interpretando: “Himno de Galicia” e “ “, temas favoritos do Doutor Pascual. A súa filla, Cristina, cerro o acto de inauguración cunha emotiva intervención e co “berro do seu pai”: “Maceda TraCaTra”, para pasar ao descubrimento da placa por parte da súa esposa Mercedes.

Nesta mesma sesión plenaria que se acordou a dedicación dunha praza ao doutor Pascual aprobouse outra moción, tamén levada á sesión plenaria polo grupo socialista, solicitando «colocar unha placa no parque municipal en homenaxe a Francisco Carballo, escritor, sacerdote e teólogo».

Por último, aprobouse a moción presentada polo PP relativa a poñer ao colexio público de Maceda o nome de Francisco Nóvoa Rodríguez, fundador do Grupo Academia Postal, Francisco Nóvoa foi obxecto de varias iniciativas recoñecendo a súa aposta e apoio aos proxectos e actividades que se organizan en Maceda.

Asociación de Amigos do Couto Mixto. Nomeamento de novos xuíces honorarios

A cerimonia de nomeamento tivo lugar na igrexa de Rubiás. As novas incoporacións son as da etnóloga e fotógrafa Mercedes Vázquez, a do profesor universitario e poeta Suso Díaz e a do presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manuel Batista Calçada Pombal.


Mostramos unha selección das referencias en prensa acerca do acto no xornal La Región e na WEB da Xunta de Galicia.

Inauguración do Museo do Médico Rural en Maceda.

Na planta baixa da Casa Consistorial de Maceda, inaugurouse o Museo do Médico Rual, que conta con diferentes salas temáticas nas que se poden ver máis de 800 pezas catalogadas de material médico orixinal utilizadas dende o inicio do século pasado ata agora.

Mostramos unha selección das referencias en prensa acerca do acto no xornal La Voz de Galicia, La Región e na WEB do Parlamento de Galicia.

© Copyright 2020 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio