Nomeamento de Francisco Nóvoa fillo predilecto de Maceda
- O septiembre 4, 2010
- Por adinova
- En Actos
0
Na historia do Concello de Maceda, tan pródiga en fazañas protagonizadas polos señores do seu castelo, só houbo un veciño que fose merecente de ser nomeado Fillo Predilecto. Este foi o cardeal don Fernando Quiroga Palacios. Isto aconteceu nos tempos da ditadura. Non sabemos se as corporacións de entón non atoparon outro veciño que reuníse méritos dabondo para recibir tal distinción.
A actual Corporación vén de concederlle tales honores ao empresario e veciño de Francos, don Francisco Nóvoa Rodríguez. A iniciativa motivouna o Foro E. Peinador, e axiña o Alcalde comprendeu que chegara o momento de outorgarlle a Paco Nóvoa ese merecemento, que a corporación municipal ratificou no pleno celebrado o pasado mes de agosto.
Don Santiago Prol, escritor macedán, fixo a louva do homenaxeado facendo un percorrido amplo pola biografía de Paco Nóvoa co relatorio das moitas actividades que foron deixando pouso no pobo macedán.
Don Francisco Nóvoa agradeceu a homenaxe coa voz crebada pola emoción en varios momentos.
O Alcalde pechou acto cunha alocución chea de referencias ao homenaxeado, á memoria e ao presente e futuro de Maceda.
A parte musical estivo a cargo da Coral de Maceda e o cantautor local Xoán Hermida.
Galería fotográfica
[nggallery id=3]