Folleto

A historia de Galicia, da que se ten escrito moito, é unha asignatura descoñecida aínda por moitos galegos e galegas. As torres e castelos ciscados pola nosa xeografía teñen dentro de si unha memoria apenas coñecida polos moradores máis próximos. Boa parte da nosa historia esvaeceuse no maxín do noso pobo. De tal sorte que aquilo que non se coñece convértese en lenda polo común da xente; ese tránsito da realidade á ficción, faise cando as fontes da historiografía son descoñecidas polas xentes, que son ao cabo, as que deben transferir os coñecementos ás novas xeracións.

Maceda é terra fortificada, centro neurálxico de estratexias militares. Foi escenario de acontecementos históricos dos que deixou constancia escrita Vasco de Aponte na súa obra “Recontos das Casas Antigas do Reino de Galicia”. O historiador relata os avatares dun período longo de tempo no que as transformacións económicas, políticas e sociais convulsionaron boa parte do noso territorio. As revoltas irmandiñas marcaron a perda do poder político dunha nobreza que non soubo estar á altura do seu tempo. Maceda foi, como outros moitos lugares de Galicia, praza fortificada e de señorío.

Descargar folleto

© Copyright 2021 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio