«Este título é o de maior valor que recibín xa que me foi concedido por aqueles a quen máis quero»

David R. Seoane – La Voz de Galicia

Entrevista | Francisco Nóvoa | Fundador do Grupo Academia Postal

Os seus ollos móllanse e brilan dun xeito especial. Conseguiu ser profeta na sua terra e dende a humanidade que o adorna, móstrase afectado, moi emocionado.

-O nomeamento foi por unanimidade. ¿Qué valor lle dá nun concello con tres forzas políticas distintas?

-Pode soar a frase feita pero, de verdade, o nomeamento é máis que un orgullo. Que os partidos políticos se puxesen de acordo para facelo realidade, e máis nos tempos que corren, reconfórtame profundamente.?Agradézolles ao alcalde, aos voceiros municipais e ás persoas de Maceda, por concederme esta distinción. Tamén agradezo o apoio firme de entidades e institucións macedás, así como de personalidades que se sumaron a esta iniciativa, e de xeito moi especial, ao Foro Enrique Peinador, ao cal teño a honra de pertencer, aos meus amigos e colaboradores, en xeral.

-¿Qué significa para vostede recibir esta distinción?

-A verdade é que, aínda que coñecía a intención do Concello, aínda estou un pouco atordado. É unha ilusión tremenda. Este título é o de maior valor que, dende o punto de vista, persoal recibín xa que me foi concedido por aqueles a quen máis quero e cos que me sinto máis unido.

-¿Algunha vez se ten imaxinado coma «fillo predilecto» da súa localidade?

-¡Como o ía imaxinar! Sempre estiven moi envorcado co meu municipio natal pero porque considero que é o comportamento que hai que ter como veciño: estar no que se poida.

-¿Qué recordos ten da súa infancia en Maceda?

-Nacín nunha pequena aldea, en Francos. E alí pasei, creo, a mesma infancia que moitos ourensáns da miña xeración: colaborando na casa en tempos que non eran doados pero, como calquera neno, xogando. Calquera recuncho era bo. Aprendín a ler, dei os primeiros pasos no meu proxecto formativo, que logo me abrirían paso cara a unha carreira administrativa que compatibilicei co gran proxecto empresarial da formación e que me fixo chegar ao que agora son. Isto é un logro alcanzado con grande esforzo e responsabilidade, pero tamén co apoio da miña familia, os meus principais colaboradores e o de poder compartir inquietudes cuns amigos excepcionais. Tamén recordo o cinema Gayoso, donde tiven a oportunidade de axudar coma técnico na sala de proxección; os bos consellos dos meus pais e dos meus profesores.

-¿Qué foi o primeiro que se lle pasou pola cabeza cando lle comunicaron a noticia?

-Moitos recordos e tamén sentín unha gran sensación de responsabilidade. O nomeamento non só recoñece, tamén obriga.

-¿De quén se acorda neste momento?

-Por suposto, dos meus pais, falecidos Non son capaz de imaxinar o que suporía para eles este recoñecemento. Creo que máis que para min. E da miña tía Concha, que nos deixou máis recentemente e era veciña de Maceda. Poríase tola de contenta. Gustaríame dedicarllo á miña muller, que non sendo de Maceda o converteu no seu lugar: encántalle estar aquí e tira de min para que pasemos tempo en Maceda.

-¿Qué proxectos ten ahora entre mans en relación coa su localidade natal?

-Potenciar, a través de Setestrelo, os premios de arquitectura Manuel Gómez Romas único existente en Galicia, poñelo en valor e lograr que as obras de nova construción e as restauracións se fagan con criterios «amables» e respectuosos co ámbito. Poder integrar a Setestrelo na Asociación de Concellos con castelos, torres e enclaves históricos e dese xeito contribuír a dinamizar a bisbarra de Maceda. A Aula da Natureza, no muíño de Francos, é outro proxecto que é preciso retomar. A marxe de proxectos concretos, seguirei como ata agora: nestes últimos corenta anos en Academia Postal calquera persoa que chegaba dicindo que era de Maceda era considerada, de inmediato, como da familia.

La Voz 28-8-2010

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2021 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio