Estatutos

Artigo 1. Coa denominación de ASOCIACIÓN DE AMIG@S DO CASTELO DE MACEDA constitúese unha entidade ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.

Artigo 2. A Asociación de Amig@s do Castelo de Maceda é unha asociación constituída por persoas que defenden os intereses do castelo como patrimonio arquitectónico, declarado ben de interese cultural e enclave histórico de singular natureza.

Artigo 3. A asociación poderá manter relacións de cooperación e colaboración con outras asociacións análogas de Galicia e norte de Portugal, que forman parte da eurorrexión, así como coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Así mesmo, poderá adherirse a aquelas asociacións de ámbito territorial estatal ou internacional que teñan finalidades semellantes.

Artigo 4. A asociación ten unha duración indefinida.
Artigo 5. A asociación ten ámbito galego e fixa o seu domicilio para os efectos de comunicación en Francos, nº 1., Maceda.

Descargar Estatutos

© Copyright 2021 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio