Concerto Catedral de Ourense
- O febrero 8, 2020
- Por Administrador
- En Actos, Novas, Portada, Publicacións
0
O sábado, oito de febreiro de 2020 tivo lugar un acto cultural na Catedral de Ourense, ca música como protagonista.
Organizado pola Asociación “Amigos do Castelo de Maceda, Setestrelo” e a agrupación musical “Os do Fuelle” ca colaboración do Grupo Academia Postal, Catedral de Ourense e Pastoral do Xordo tivo lugar un singular evento musical.
Un concerto do único Coro de Lingua de Signos de Galicia: “Música en mis Manos” conxuntamente ca «Escolanía da Catedral de Santiago» e a «Orquestra Praeludium«.
O coro “Música en mis Manos” con María Blanco na súa dirección é un coro único en Galicia formado por 15 persoas xordas e oíntes que transmiten a música a través da lingua de signos, demostrando que a a discapacidade auditiva non é un impedimento para o desenrolo de todo tipo de actividades cotidiáns, ou de ocio. Proxecto de integración para eliminar barreiras para persoas sen audición, de xeito que desfruten da música.
A “Escolanía de la Catedral de Santiago” é un coro formado por 40 nenos e nenas de entre 9 e 17 anos baixo a dirección de José Luis Vázquez.
A “Orquesta Praeludium” baixo a dirección de Mateo Iglesias conta con violoncelos, piano, acordeón o percusión.
Ilmo. Sr. D. José Pérez Domínguez, Deán do Cabildo Catedralicio de Ourense e Sr. D. Francisco Novoa, presidente de Setestrelo abriron o acto recalcando a importancia de este tipo de actos integradores nunha catedral ca asistencia de varias personalidades e cun cheo total de asistencia. Saudos xa traducidos a linguaxe de signos.
A continuación un viaxe musical por 14 temas dende música clásica do Códice Calixtino, temas de Bach ata pop.
Os momentos mais emocionantes vivíronse nos catro últimos temas, no que o protagonismo recaeu no coro “Música en mis Manos” traducindo a linguaxe de signos a letra de temas de John Lennon, Hallelujah de Leonard Cohen ou o Let it Be dos Beatles nas que a música cesaba para que os oíntes experimentasen como perciben o mundo as persoas que non o son.
«Pretendemos propiciar a inclusión por medio da cultura, a mocidade e as distintas maneiras de vivir e sentir a música», palabras de D. Francisco Nóvoa, presidente de Setestrelo na presentación do concerto.
Si queres disfrutar do concerto:
Concerto:
Crónica fotográfica do Concerto:
Referencias de Prensa:
Son moitos os medios que se fixeron eco do Concerto, esta é unha pequena mostra da difusión nos medios de comunicación:
LA VOZ DE GALICIA
https://www.facebook.com/vozourense/videos/125656785414661/?t=1
FARO DE VIGO
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/02/09/musica-barreras-catedral/2244355.html
TVG
http://www.crtvg.es/informativos/concerto-inclusivo-para-xordos-na-catedral-de-ourense-4297754
CATEDRAL DE OURENSE
http://catedralourense.com/concierto-de-febrero-en-la-s-i-catedral-de-san-martin/