Nomeamento de novos xuíces honorarios

Asociación de Amigos do Couto Mixto: nomeamento de novos xuíces honorarios

A comitiva formada polas autoridades, os novos xuices honorarios, membros da asociación e público percorreu o rueiro que separa a estrada do adro da Igrexa de Santiago de Rubiás onde se fixo a ofrenda floral diante do monumento ao derradeiro Xuíz do Couto Mixto, D. Delfín Modesto Brandón.

Cunha igrexa ateigada de xente iniciouse o acto por parte do presidente da asociación, D. Luís García Mañá, que no seu discurso fixo un percorrido polos fitos históricos deste singular territorio.

Blog Celso Delgado: Na entrega dos premios da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda (Setestrelo)

Hoxe, pola mañá, estiven en Maceda invitado por Francisco Novoa ou acto de entrega de premios dá Asociación de Amigos do Castelo de Maceda (Setestrelo).

Foi concedida a Medalla de Prata de Setestrelo ao doutor arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois (1924), Profesor Emérito dá Universidade dá Coruña. Foi decano do Colexio de Arquitectos de León, Asturias e Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Académico de número dá Real Academia Galega e académico de número dá Real Academia de Doutores. Tamén académico correspondente dá Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Un prestixioso aquitecto autor entre outras obras dá Fábrica de Begano-Coca Cola na Coruña (1963-1965), dá Sé dá Sociedade Recreativa Hípica na Coruña (1966-1967) e do Estadio Multiusos de San Lázaro en Compostela (1993).

Ler máis»

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS – SETESTRELO 2013

O pasado 16 de novembro celebrouse no Castelo de Maceda o acto de entrega dos Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, así como o nomeamento de novos membros honoríficos da Asociación, e a imposición da  Medalla de Prata da Asociación.

Presidiron  o acto o Excmo. Sr. D. CARLOS VARELA, FISCAL SUPERIOR DE GALICIA, o Ilmo. Sr. D. MANUEL BALTAR  BLANCO, PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. XABIER OVIEDO , ALCALDE DO CONCELLO DE MACEDA, D. LUIS M. GARCÍA MAÑÁ EN REPRESENTACIÓN DA RAG,  D. XOSÉ  GONZÁLEZ MARTÍNEZ, PRESIDENTE DO FORO ENRIQUE PEINADOR, e D. FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ , PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN SETESTRELO.

O acto iniciouse coa intervención de Francisco Nóvoa. Ademais de agradecer a presenza de numerosas autoridades, amigos, arquitectos e veciños, e felicitar aos premiados, subliñou a importancia do espíritu que promoveu D. Manuel Gómez Román, para que as reconstrucións e rehabilitacións de edificacións se realicen consonte á tradición de cadanseu lugar, evitando así o “feísmo” visible en tantos pobos galegos.

Ler máis»

Acto de entrega de Premio Manuel Gómez Román

Acto de entrega de Premio Manuel Gómez Román de Arquitectura á recuperación do hábitat rural e construcións adxectiva.

O Acto terá lugar o sábado 16 de novembro de 2013 ás 12:30 horas no Castelo de Maceda

Premios concedidos pola Asociación de Amigos do Castelo de Maceda (Setestrelo) en colaboración ca Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación Ourense, o Concello de Maceda, Castelo de Maceda e o Grupo Academia-Postal.

No acto tera lugar a:

– Concesión da Medalla de Prata de «Setestrelo» para o doutor arquitecto Don Andrés Fernández-Albalat Lois.

– Premios Manuel Gómez Román, de Arquitectura 2013, a Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela, e ao Estudo de Arquitectura Salgado e Liñares.

– Nomeamento e entrega de Credenciais ás personalidades nomeadas neste ano, Membros Honoríficos de «Setestrelo»

ACTA DO XURADO DOS PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN 2013

Sendo as 11,30 horas do día 19 de outubro de dous mil trece, reúnense na sede da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda en Ourense os membros do xurado da IV edición dos Premios Manuel Gómez Román,  D. FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ (Presidente da Asociación), D. XABIER OVIEDO RODRÍGUEZ (Alcalde do Concello de Maceda), D. MANUEL SEOANE FEIJOO (Arquitecto, en representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), D. JOSÉ CARLOS SIERRA RODRÍGUEZ (Historiador e director do Museo Etnolóxico de Ribadavia), D. XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ (Presidente do Foro Enrique Peinador e membro honorífico de “Setestrelo”), D. XAN XOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Arquitecto e membro honorífico de “Setestrelo”, Dª ESTEFANÍA VÁZQUEZ-MÜLLER (Arquitecta e Premio Manuel Gómez Román -edición 2011- na categoría de Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas), D. ARTURO LAGOA NÚÑEZ (Arquitecto) e D. MARIO FERNÁNDEZ ESTÉVEZ (Arquitecto) na súa condición de vogais, e Dª. CARME PÉREZ VAQUERO, membro da asociación que actuou como secretaria, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan conceder os Premios Manuel Gómez Román  2013:

  1. 1.  Na modalidade de EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS REHABILITADAS OU RESTAURADAS ao Proxecto de REHABILITACIÓN DO CENTRO DE RECURSOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN SILLEDA do estudio de arquitectura ARROKABE ARQUITECTOS, S.L.P. redactado polos arquitectos D. Oscar Andrés Quintela e D. Iván Andrés Quintela  por considerar o xurado  que construtivamente se usan elementos arquitectónicos dunha linguaxe contraposta que axuda a definir claramente o que é unha construción rural, sen distorsionar en absoluto a identidade que se pretendeu recuperar en función das peculiaridades sociais da obra.

O xurado fai unha mención especial ao proxecto da Fundación Rubido Romero do Lugar de Padín no concello de Negreira do Estudio Abalo Alonso Arquitectos redactado pola arquitecta Dª. Elizabeth Abalo e o arquitecto D. Gonzalo Alonso polo tratamento dado ao proxecto de recuperación da Sede da Fundación polo grao de detalle e respecto a tipoloxía e sistema construtivo tradicional galego.

O xurado subliña a calidade técnica e profesional da totalidade dos traballos presentados e   o esmero mostrado pola maioría dos autores en canto á presentación dos mesmos.

2.           Na modalidade de CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS REHABILITADAS OU RECONSTRUIDAS ao Proxecto de REINTEGRACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DA CHAINZA EN STA. MARÍA DO OBRE no concello de Noia (A Coruña) do estudio de arquitectura SALGADO E LIÑARES redactado polos arquitectos D. Alfonso Salgado Suárez;  D. Francisco Liñares Túñez e os enxeñeiros D. Manuel A Liñares Túñez e D. Miguel A. Rodríguez Raposo por considerar o xurado a calidade da intervención global onde se entende o lavadoiro como parte dunha contorna resolta con moito mimo no detalle.

E sendo as 14:30 horas do día indicado dase por finalizada a xuntanza, asinando ao pé os membros do xurado.

Convocatoria da IV Edición dos Premios Gómez Román de Arquitectura Tradicional 2013

O vindeiro sábado 19 de outubro terá lugar a reunión do xurado avaliador das propostas recibidas para participar no concurso na convocatoria da IV edición dos Premios Gómez Román de Arquitectura Tradicional 2013

Convocatoria da IV Edición dos Premios Gómez Román de Arquitectura Tradicional 2013

A Asociación Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” convocou xa a IV edición dos Premios Gómez Román de arquitectura tradicional e construcións adxetivas para o ano 2013.

Estes premios pretenden incentivar a protección e consolidación do patrimonio arquitectónico popular e as distintas tipoloxías do hábitat galego. As dúas modalidades destes premios  “edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas” e “construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas” pretenden estimular a rehabilitación do hábitat tradicional galego e contribuír deste xeito á recuperación da paisaxe e núcleos rurais de Galicia.

Ler máis»

Entrega dos Premios Manuel Gómez Román 2011

O sábado 15 de outubro de 2011 o Castelo de Maceda volveu ser escenario da entrega dos Premios Manuel Gómez Román que a Asociación Amigos do Castelo de Maceda “SETESTRELO” constituíu hai dous anos para  promover á recuperación do hábitat rural e construcións adxectivas así como a entrega da medalla de prata Gómez Román da asociación a unha personalidade senlleira do mundo da arquitectura e da cultura de Galicia.

Ler máis»

I EDICIÓN DOS PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN

Xustamente un ano despois da presentación en sociedade da Asociación Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo”, o sábado 16 de outubro de 2010,  o Castelo de Maceda volveu estar de gala. Desta volta o acto tiña unha finalidade distinta, a entrega da primeira edición dos  PREMIOS GÓMEZ ROMÁN  á recuperación do hábitat rural e construcións adxectivas e a entrega da medalla de prata Gómez Román a unha personalidade senlleira do mundo da arquitectura e da cultura de Galicia.

Ler máis»

Nomeamento de Francisco Nóvoa fillo predilecto de Maceda

Na historia do Concello de Maceda, tan pródiga en fazañas protagonizadas polos señores do seu castelo, só houbo un veciño que fose merecente de ser nomeado Fillo Predilecto. Este foi o cardeal don Fernando Quiroga Palacios. Isto aconteceu nos tempos da ditadura. Non sabemos se as corporacións de entón non atoparon outro veciño que reuníse méritos dabondo para recibir tal distinción.

Ler máis»

Presentación Premios de arquitectura tradicional “Manuel Gómez Román”

O día 27 de agosto -venres- presentouse aos medios de comunicación, na cidade de Ourense, a convocatoria da I edición dos  Premios de arquitectura tradicional “Manuel Gómez Román” e páxina web da Asociación de Amigos do castelo de Maceda “Setestrelo”.

Ler máis»

Presentación da Asociación “Setestrelo”

O día 17 de outubro do ano 2009 o Castelo de Maceda brillou con luz escintileante das serras  de San Mamede e A Queixa. Unha fermosa mañá de outono deu cabida a un acto solemne organizado pola Asociación Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” que preside o dinámico empresario D. Francisco Novoa Rodríguez,  que foi quen de xuntar a un numeroso e plural público neste primeiro acto da recén estreada asociación.

Ler máis»

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio