Himno a Ribeira Sacra

En apoio da Candidatura como Patrimonio da Humanidade para o ano 2021 a fadista María do Ceo ven de presentar «Himno a Ribeira Sacra»

Este tema interpretado por María do Ceo e con letra de Armando González presentouse acompañado dun videoclip con imaxes gravadas nos vinteun concello que forman a Ribeira Sacra: A Peroxa, A Pobra do Brollón, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Saviñao, Pantón, Parada do Sil, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadanedo.

O videoclip realizado por un grupo de persoas «amateur» de Maceda, baixo a dirección Alberto Outeiriño, cámara Roberto Cid, cámaras dron Javier Casas e Oscar Cid e fotografía José Juan Pérez.

Esperamos que esa Candidatura se faga realidade é sexa nomeada a Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade.

Mentres déixamevos o VideoClip para que desfrutedes:

 

Premios Gómez Roman 2015

CONVOCATORIA DOS PREMIOS “PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN Á RECUPERACIÓN DO HÁBITAT TRADICIONAL E CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS”, EDICIÓN 2015

A Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” acordou convocar os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, así como a entrega da súa Medalla de Prata a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

Os “Premios Manuel Gómez Román” pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilización dos materiais utilizados para a rehabilitación, e comprenden dúas modalidades:

a) Edificacións  tradicionais rehabilitadas ou restauradas.Concurso_ramon2015

b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas.

As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos, de acordo coas bases da convocatória, ata do día 14 de novembro de 2015, ás 12:00 horas.

Rematado o prazo de presentación de proxectos a concurso o día 14 de novembro, a reunión do xurado para o fallo de premios terá lugar o día 12 de decembro de 2015, ás 11:30 h, na sede de Setestrelo en Ourense, na Rúa Reza número 3.

Celebrarase o acto de entrega de premios no Castelo de Maceda, o día 30 de xaneiro de 2016  ás 12,30 horas. No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación.

Para descargar as bases do premio Manuel Gomez Roman á recuperación do habitat tradicional e construccións adxectivas 2015 prema na imaxe adxunta.

 

RECUPERACIÓN DE CAMIÑOS NATURAIS

Un bo proxecto de camiño natural ou vía verde debe ter como obxectivo xeral a reutilización de antigas infraestruturas viarias históricas, abandoadas ou en desuso, como elementos fundamentais para promover a mobilidade sostible, a educación ambiental, un turismo alternativo de natureza, e un desenvolvemento rural ambientalmente sostible.

Ler máis»

Premios Gómez Roman

No ano 1918 celebrouse a Primeira Asemblea Nacionalista de Monforte. Entre os moitos acordos acadados naquela asemblea, hai varios que a Asociación Setestrelo lle interesa suliñar específicamente:

  • A defensa do patrimonio arquitectónico
  • A protección da paisaxe
  • E a posta en valor do noso patrimonio histórico
Ler máis»
© Copyright 2020 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio