Premios Gómez Roman 2015

CONVOCATORIA DOS PREMIOS “PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN Á RECUPERACIÓN DO HÁBITAT TRADICIONAL E CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS”, EDICIÓN 2015

A Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” acordou convocar os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, así como a entrega da súa Medalla de Prata a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

Os “Premios Manuel Gómez Román” pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilización dos materiais utilizados para a rehabilitación, e comprenden dúas modalidades:

a) Edificacións  tradicionais rehabilitadas ou restauradas.Concurso_ramon2015

b) Construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas.

As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos, de acordo coas bases da convocatória, ata do día 14 de novembro de 2015, ás 12:00 horas.

Rematado o prazo de presentación de proxectos a concurso o día 14 de novembro, a reunión do xurado para o fallo de premios terá lugar o día 12 de decembro de 2015, ás 11:30 h, na sede de Setestrelo en Ourense, na Rúa Reza número 3.

Celebrarase o acto de entrega de premios no Castelo de Maceda, o día 30 de xaneiro de 2016  ás 12,30 horas. No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación.

Para descargar as bases do premio Manuel Gomez Roman á recuperación do habitat tradicional e construccións adxectivas 2015 prema na imaxe adxunta.

 

“Membros de honra” da Asociación Setestrelo.

ANO 2009

  • Excmo. Sr.D. Manuel Baltar Blanco, no cargo de Presidente en funcións do Parlamento de Galicia e actualmente Presidente da Excma. Deputación Provincial de Ourense.
  • Excmo. Sr. D. Carlos Varela García,  no cargo de Fiscal Superior de Galicia.
  • Excmo. e Mag. Sr. D. Xosé María Barja Pérez, no cargo de Reitor da Universidade da Coruña.
  • Francisco Xabier Oviedo Rodríguez, no cargo de Alcalde de Maceda.
  • Ilmo. Sr. D. José Luís Baltar Pumar, no cargo de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Ourense.
  • Camilo Isaac Ocampo Gómez, no cargo de Subdelegado do Goberno en Ourense.
  • Rogelio Martínez González, no cargo de Delegado Territorial da Xunta de Galicia.
  • Francisco Rodríguez García, no cargo de Presidente da Confederación de Empresarios de Ourense.
  • Xoán Xosé Rodríguez González, no cargo de Presidente Colexio de Arquitectos de Ourense.

ANO 2011

  • Jesús Vázquez Abad, no cargo de Conselleiro de Cultura e Educación e actualmente Alcalde do Concello de Ourense.
  • Celso Delgado Arce, Deputado Nacional.
  • Excma. Sra. Dª María Lameiras Fernández, no cargo de Vicerreitora do Campus de Ourense-Universidade de Vigo.
  • Xosé González Martínez, Presidente do Foro Enrique Peinador.
  • Clodio González Pérez, Etnógrafo e historiador.
  • Luís Manuel García Mañá, no cargo de Xefe superior de Policía de Galicia, Actualmente membro da Real Academia Galega, escritor e Presidente da Asociación “Couto Mixto”.
  • Iago Seara Morales, Arquitecto e distinguido coa Medalla honorífica de Setestrelo.
  • Manuel Caamaño Suárez, Aparellador, e distinguido coa Medalla honorífica de Setestrelo.
  • Xosé Manuel Freire Couto, no cargo de Presidente do INORDE e Alcalde do Concello de Barbadás.

ANO 2013

  • Manuel Blanco Pérez, Médico Maceda.
  • Francisco Carballo Carballo, Sacerdote, historiador escritor e teólogo (falecido).
  • Ramón Caride Ogando, Profesor e escritor.
  • Roberto Castro García, Subdelegado do Goberno en Ourense.
  • Jesús de Juana López, Catedrático de Historia Contemporánea e Director UNED Ourense.
  • Excmo. Sr. José Ángel Feijoo Mirón, Reitor do Seminario Ourense e Delegado diocesano de Cáritas.
  • Manuel Gallego Jorreto, Arquitecto, distinguido coa Medalla honorífica de Setestrelo.
  • María Reyes López Rodríguez, Profesora e dinamizadora social en Maceda.
  • Santiago Prol Blanco, Profesor, historiador e escritor de Maceda.
  • Xosé Benito Reza Rodríguez, Funcionario, investigador e escritor.
  • Mª  Inmaculada Rodríguez Cuervo,  Empresaria ourensá.
  • José García Albeos, Médico, pintor e paisaxista de Galicia.

ANO 2015

  • Fernando Alañón Olmedo, ExFiscal Ourense- Maxistrado TSJG
  • Ramón Blanco Fortes, Director de Radio Líder Ourense
  • Xulio Xosé Conde Blanco  Director Club Ciclista Maceda y vv Asoc. Maceda
  • Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística
  • Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia
  • Joaquín González Vila, Avogado
  • José Manuel Lage Parente, Médico en Maceda
  • Carme Limia Fernández, Secretaria dos Concellos de Nogueira de Ramuín e Melón  e  Ex Presidenta do Clube Baloncesto Feminino Pabellón Ourense
  • Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor da Universidade de Vigo
  • Milagros  Otero Parga, Valedora do Pobo
  • Xosé Manuel Pérez Bouza, ExSenador, Enfermeiro, Dirixente de CxG
  • Manuel Pérez Vences, Parroquia S. Pedro de Maceda
  • Carlos Rodríguez González, Sarxento da Garda Civil en Maceda
  • Antonio Rodríguez Rodríguez, ExDeputado e ExSenador por Ourense, do Grupo PSOE
  • Alejandro Rubín Carballo, Xerente de Expourense
  • Mercedes Rubín Fernández, ExPresidenta da Coral Albricias de Maceda
  • Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Relación de proxectos gañadores dos premios Manuel Gómez Román

2010

Na modalidade de “Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas”:

Dª. Angeles Castro Dapena, arquitecta, do proxecto “Centro de educación medioambiental“ na Eira da Xoana. Ramil. A Golada.

E na modalidade de “Construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas”:

Estudio Salgado e Liñares, autores do proxecto e dirección da obra ”Reintegración urbana do patrimonio cultural da Ribeira do Traba-Noia: acondicionamento, recuperación de accesos, lavadoiro e entorno dos Muiños de Pedrachán”.

2011

Na modalidade de “Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas”:

Dª. Estefanía Vázquez Müller e D. Roi Feijoo Rey, polo seu proxecto de “Rehabilitación dunha vivenda na Rúa Liberdade, 24  de Ourense”.

Na modalidade de “Construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas”:

Oscar Andrés Quintela e Dª. Lourdes Pérez Castro, polo seu proxecto de ”Rehabilitación dunha antiga construción de secado e industria de madeira para uso de escola de deportes náuticos, en Sorribos – Abelleira (Muros)”.

 2013

Na modalidade de “Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas”:

Estudio de arquitectura Arrokabe Arquitectos, S.L.P., Arquitectos D. Oscar Andrés Quintela e D. Iván Andrés Quintela polo proxecto de ”Rehabilitación do centro de recursos para persoas con discapacidade en Silleda”.

Na modalidade de “Construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas”:

Estudio de Arquitectura Salgado e Liñares redactado polos arquitectos D. Alfonso Salgado Suárez;  D. Francisco Liñares,  polo proxecto de ”Reintegración do patrimonio cultural da Chainza en Sta. María do Obre no Concello de Noia”.

 2015

Na modalidade de “Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas”:

Estudio SABÍN-BLANCO ARQUITECTOS SLP, polo  proxecto de rehabilitación de vivenda para casa do Parque das Fragas do Eume, Monfero (A Coruña).

Na modalidade de “Construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas”:

Estudio ABALO ALONSO ARQUITECTOS, polo proxecto de  Hortas de Caramoniña en Santiago de Compostela.

 

Relación de persoas distinguidas coa medalla de prata da asociación de amigos do Castelo de Maceda.

Segundo os seus estatutos, “Setestrelo” concedeu a súa medalla honorífica a persoas que teñen salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

Relación das persoas distinguidas coa medalla de prata:

  • D. IAGO SEARA MORALES (2009)
  • D. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ (2010)
  • D. MANUEL GALLEGO JORRETO (2011)
  • D. ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS (2013)
  • D. MANUEL SEOANE FEIJOO (2015)

Reseña dos premios Gomez Roman 2015 en Ourense por barrios

Convocados os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura. As propostas poden ser presentadas ata o día 14 de novembro.

A Asociación de amigos do Castelo de Maceda, “Setestrelo», convoca os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, á recuperación do hábitat tradicional e construcións adxectivas, edición 2015.

Para ampliar a información prema aiqui.

Reseña dos premios Gomez Roman 2015 no Colexio oficial de arquitectos de Galicia

O colexio oficial de arquitectos de Galicia na súa web fai mención dos “Premios Manuel Gómez Román” promovidos pola Asociación Setestrelo que pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega seguindo o criterio de orixinalidade, tanto nas formas como na utilización dos materiais utilizados para a rehabilitación.

Para ampliar a información prema aiqui.

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio