“Comarca do Fuelle – (Festa Pagana)” novo videoclip de “Os do Fuelle”

Presentación do VideoClip A Comarca do Fuelle
Presentación do VideoClip A Comarca do Fuelle

O videoclip de “Comarca do Fuellle – ( Festa Pagana)» presentouse no salón de actos de ós Milagres o domingo 13 de outubro ás 18,45 h. Nunha gala na que estivo presente a música en vivo da man da agrupación “Os do Fuelle” e parte dos “ coprotagonistas” do vídeo así como o equipo técnico e personalidades.

A agrupación musical os do fuelle, que en 2017 facían a súa propia versión do «Despaciño» e un ano máis tarde de «San Benitiño», versionan nesta ocasión a Mägo de Oz e a súa coñecida canción «Festa Pagana», tema en torno ao cal xira o videoclip

O traballo, realizado na carballeira dos Milagres, contou coa colaboración especial das actrices Gloria Ferreiro e Claudia Basallo -avoa e neta na ficción-, que son as que inician a trama e danlle sentido ao vídeo, que pretende transmitir dúas mensaxes: que todos os veciños da ficticia comarca do Fuelle teñen o mesmo orixe e «que todos estamos máis conectados do que pensamos».

Do mesmo xeito que a canción vai viaxando polos distintos lugares, vanse engadindo caras coñecidas de xente de Ourense que se vai conectando aos poucos ao fío de lá verde da trama (Tamara Pérez, de Bamboleo, en Baños de Molgas; Rosario Cruz Lahoz, de Telemiño, en Esgos; María do Ceo, Cristina Pascual e Carlos Parra en Maceda; en Montederramo, Lucía Rodríguez, de Aquí Galicia; camiñando por Paderne de Allariz está Sergio Pazos; Patricia Santana, de Luar, na Festa da Pataca de Vilar de Barrio, e no mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, o actor Rubén Riós.

Trátase dun traballo onde ninguén percibiu ningunha retribución económica, gravado cunha cámara doméstica e feito novamente polo director afeccionado Alberto Outeiriño. Empregando escenarios naturais para a rodaxe, gravouse nas fins de semana de maio a agosto. Doce xornadas de gravacións polas 18 distintas localizacións situadas nos sete concellos e facendo máis dun centenar de quilómetros percorridos. No clip ven tamén os lugares que a letra da canción vai enumerando.

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio