ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS – SETESTRELO 2013

O pasado 16 de novembro celebrouse no Castelo de Maceda o acto de entrega dos Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, así como o nomeamento de novos membros honoríficos da Asociación, e a imposición da  Medalla de Prata da Asociación.

Presidiron  o acto o Excmo. Sr. D. CARLOS VARELA, FISCAL SUPERIOR DE GALICIA, o Ilmo. Sr. D. MANUEL BALTAR  BLANCO, PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, D. XABIER OVIEDO , ALCALDE DO CONCELLO DE MACEDA, D. LUIS M. GARCÍA MAÑÁ EN REPRESENTACIÓN DA RAG,  D. XOSÉ  GONZÁLEZ MARTÍNEZ, PRESIDENTE DO FORO ENRIQUE PEINADOR, e D. FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ , PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN SETESTRELO.

O acto iniciouse coa intervención de Francisco Nóvoa. Ademais de agradecer a presenza de numerosas autoridades, amigos, arquitectos e veciños, e felicitar aos premiados, subliñou a importancia do espíritu que promoveu D. Manuel Gómez Román, para que as reconstrucións e rehabilitacións de edificacións se realicen consonte á tradición de cadanseu lugar, evitando así o “feísmo” visible en tantos pobos galegos.

De seguido tivo lugar a lectura da acta de concesión da Medalla de Prata da Asociación a D. Andrés  Fernández-Albalat Loi, Doutor-arquitecto, considerado un dos mestres da arquitectura Española, con 50 anos de traxectoria profesional, que fan que sexa un dos arquitectos de referencia da segunda metade do século XX no noso país.

Fixo a súa  louva-homenaxe o arquitecto ourensán  Xan Xosé Rodríguez González, que foi alumno seu de arquitectura,e tamén participou este ano como membro do xurado dos premios Gómez Román. Na súa intervención, ademáis de facer un percorrido polos numerosos proxectos relevantes executados por D. Andrés e os seus méritos académicos, lembrou  diversas anécdotas e formas de actuar da súa etapa de estudante, para rematar definíndoo coma un “humanista tecnolóxico”. Durante a lectura da louva, proxectouse unha presentación con imaxes das súas obras fundamentais.

Francisco Nóvoa impúxolle a medalla a D. Andrés que fixo unha intervención posterior, agradecendo tal recoñecemento.

Interviu a continuación o Vicepresidente da Asociación, o profesor José Ramón Sarmiento, para facer a louva dos novos membros honoríficos da Asociación, e procedeuse á entrega do diploma correspondente aos mesmos, por D. Carlos Varela e  D. Xosé González Martínez a:

 D. Manuel Blanco Pérez, Médico Maceda                                                                           

D. Francisco Carballo Carballo,, Sacerdote, historiador escritor e teólogo  

D. Ramón Caride Ogando, Profesor e  escritor 

D. Roberto  Castro García, Subdelegado do Goberno en Ourense

D. Jesús de Juana López, Catedrático de Historia Contemporánea  e Director UNED Ourense.

Excmo. Sr. José Ángel Feijoo Mirón, Reitor Seminario Ourense e Delegado de Cáritas

D. Manuel Gallego Jorreto,Arquitecto, Medalla  “Setestrelo 2011-2012

Dª  María Reyes López Rodríguez, Profesora

D. Santiago Prol Blanco, Profesor, historiador e escritor 

D. Xosé Benito Reza Rodríguez, Funcionario, investigador e escritor

Dª  Mª  Inmaculada Rodríguez Cuervo,  Empresaria  

D. José García Albeos,  Médico, pintor e paisaxista de Galicia

Por último tivo lugar a lectura da acta do fallo do xurado dos premios de arquitectura M. Gómez Román polo secretario da asociación, D. Juan Conde, e a entrega:

–        A Óscar Andrés Quintela de  Arrokabe Arquitectos polo Excmo. Sr. Carlos Varela Fiscal Superior de Galicia, e

–        A Alfonso Liñares Suárez de Salgado e Liñares Arquitectos por D. Luis M. García Mañá, en representación da Real Academia Galega

D. Xabier Oviedo, Alcalde de Maceda, interviu para pechar o acto, no que agradeceu a Setestrelo a organización desta xornada, que pon en valor tanto ao Castelo como ao Concello de Maceda en xeral. Subliñou a asistencia de tantas persoas representativas de institucións públicas e privadas, chegadas en moitos casos dende outras provincias, e aproveitou para defender tamén a necesidade de reformar e reconstruír con criterios tradicionais no rural, e de que a poboación volva ao agro e poida desfrutar da vida nos pobos.

Os asistentes poideron tamén disfrutar da presenza dun trío de corda que interpretaron distintas pezas ao longo do acto, e finalizaron co himno galego.

Asistiron numerosas  autoridades representativas de todas as administracións, personalidades da cultura, da arquitectura, membros do xurado, amigos, e asociacións culturais de Maceda, etc, de maneira que na sala do Castelo non foi posible dar asento a todas elas.

Entre outros, a maiores dos membros da presidencia e membros honoríficos, estiveron presentes: Ilmo. Sr. D. Celso Delgado Arce (Deputado Nacional), D. José Luis Franco e  D. Manuel González (Membros da Real Academia Galega), D. Camilo Ocampo (Profesor e ex Subdelegado do Goberno), D. Manuel Rodríguez Carballo (ex alcalde de Maceda), D. Xosé Antón Otero (Tenente-alcalde de Maceda), Dª Rut Parada e D. Manuel Blanco, (Concelleiros de Maceda), D. Antonio González Amaro (Xefe de servizo de Emprego e Formación de Consellería de Traballo), D. Xosé Carlos Sierra (Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia), D. Benito Iglesias Padrón (Presidente da Asoc. Empresarios Inmobiliarios), D. José Julio Vázquez (Director de Banco Sabadell-Ourense), D. Ramón Blanco (Director de Radio Líder-Ourense), e  os arquitectos D. Manuel Seoane Feijoo, D. Javier Suances Matías, D. Arturo Lagoa Núñez e D. Mario Fernández Estévez.

Rematado o acto, celebrouse un xantar nas instalacións do restaurante do Castelo no que os asistentes compartiron, ademáis dun excelente menú, conversas e vivencias persoais.

 

Galería fotográfica

[nggallery id=11]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio