ACTA DO XURADO DOS PREMIOS MANUEL GÓMEZ ROMÁN 2013

Sendo as 11,30 horas do día 19 de outubro de dous mil trece, reúnense na sede da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda en Ourense os membros do xurado da IV edición dos Premios Manuel Gómez Román,  D. FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ (Presidente da Asociación), D. XABIER OVIEDO RODRÍGUEZ (Alcalde do Concello de Maceda), D. MANUEL SEOANE FEIJOO (Arquitecto, en representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), D. JOSÉ CARLOS SIERRA RODRÍGUEZ (Historiador e director do Museo Etnolóxico de Ribadavia), D. XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ (Presidente do Foro Enrique Peinador e membro honorífico de “Setestrelo”), D. XAN XOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (Arquitecto e membro honorífico de “Setestrelo”, Dª ESTEFANÍA VÁZQUEZ-MÜLLER (Arquitecta e Premio Manuel Gómez Román -edición 2011- na categoría de Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas), D. ARTURO LAGOA NÚÑEZ (Arquitecto) e D. MARIO FERNÁNDEZ ESTÉVEZ (Arquitecto) na súa condición de vogais, e Dª. CARME PÉREZ VAQUERO, membro da asociación que actuou como secretaria, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan conceder os Premios Manuel Gómez Román  2013:

  1. 1.  Na modalidade de EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS REHABILITADAS OU RESTAURADAS ao Proxecto de REHABILITACIÓN DO CENTRO DE RECURSOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN SILLEDA do estudio de arquitectura ARROKABE ARQUITECTOS, S.L.P. redactado polos arquitectos D. Oscar Andrés Quintela e D. Iván Andrés Quintela  por considerar o xurado  que construtivamente se usan elementos arquitectónicos dunha linguaxe contraposta que axuda a definir claramente o que é unha construción rural, sen distorsionar en absoluto a identidade que se pretendeu recuperar en función das peculiaridades sociais da obra.

O xurado fai unha mención especial ao proxecto da Fundación Rubido Romero do Lugar de Padín no concello de Negreira do Estudio Abalo Alonso Arquitectos redactado pola arquitecta Dª. Elizabeth Abalo e o arquitecto D. Gonzalo Alonso polo tratamento dado ao proxecto de recuperación da Sede da Fundación polo grao de detalle e respecto a tipoloxía e sistema construtivo tradicional galego.

O xurado subliña a calidade técnica e profesional da totalidade dos traballos presentados e   o esmero mostrado pola maioría dos autores en canto á presentación dos mesmos.

2.           Na modalidade de CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS REHABILITADAS OU RECONSTRUIDAS ao Proxecto de REINTEGRACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DA CHAINZA EN STA. MARÍA DO OBRE no concello de Noia (A Coruña) do estudio de arquitectura SALGADO E LIÑARES redactado polos arquitectos D. Alfonso Salgado Suárez;  D. Francisco Liñares Túñez e os enxeñeiros D. Manuel A Liñares Túñez e D. Miguel A. Rodríguez Raposo por considerar o xurado a calidade da intervención global onde se entende o lavadoiro como parte dunha contorna resolta con moito mimo no detalle.

E sendo as 14:30 horas do día indicado dase por finalizada a xuntanza, asinando ao pé os membros do xurado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio