Fallo do xurado dos Premios Manuel Gómez Román 2011

O xurado da II edición dos Premios Manuel Gómez Román decidíu outorgar o premio da modalidade de EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS REHABILITADAS OU RESTAURADAS aos arquitectos Dª. Estefanía Vázquez Müller e D. Roi Feijoo Rey, polo seu proxecto de rehabilitación dunha vivenda na rúa Liberdade, 24 en Ourense, por coincidir nel unha adecuada interpretación da tradición compositiva e construtiva da arquitectura tradicional que trae como resultado, recuperar zonas degradadas do casco histórico da cidade.

O segundo premio, na modalidade de CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS REHABILITADAS OU RECONSTRUIDAS foi para os arquitectos D. Oscar Andrés Quintela e Dª. Lourdes Pérez Castro  “ARROKABE Arquitectos», polo seu proxecto de rehabilitación dunha antiga construción de secado e industria da madeira en Sorribos-Abelleira no concello de Muros, para uso de escola de deportes náuticos, polo que supón de recuperación dunha construción de ámbito pre-industrial ao servizo da sociedade civil.

A Asociación Setestrelo, que vén desenvolvendo unha labor incesante, desde a súa creación, no ámbito da preservación do patrimonio arquitectónico galego,  concedeu tamén a medalla de prata “Manuel Gómez Román” ao doutor arquitecto D. MANUEL GALLEGO JORRETO, pola súa contribución á dignificación da cultura de Galicia desde un ámbito tan complexo como é a arquitectura, destacándose pola concepción ética da mesma.

Os premios entregaranse en acto público o día 15 de outubro, sábado, no Castelo de Maceda, en Ourense.

—————————————————————————————–

Acta

Sendo as 12,30 horas do día 17 de setembro de dous mil once, reúnense no na sede da Asociación de Amigos do Castelo de Maceda en Ourense os membros do xurado da II edición dos Premios Manuel Gómez Román: D.FRANCISCO NÓVOA RODRÍGUEZ (Presidente da Asociación), D. XABIER OVIEDO RODRÍGUEZ (Alcalde do Concello de Maceda), D. IAGO SEARA MORALES (Arquitecto, Medalla “Setestrelo” 2009), Dª. ÁNGELES CASTRO DAPENA (Arquitecta, Premio Manuel G. Román 2010), D. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ (Aparellador, Medalla “Setestrelo” 2010), D. CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ (Etnógrafo e historiador) e D. XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ (Presidente Foro Enrique Peinador) na súa condición de vogais, e Dª. CARME PÉREZ VAQUERO, membro da asociación que actuou como secretario, logo de deliberaren sobre as propostas presentadas acordan conceder os Premios Manuel Gómez Román nesta segunda edición.

  1. 1. Na modalidade de EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS REHABILITADAS OU RESTAURADAS a:

A Dª. ESTEFANÍA VÁZQUEZ MÜLLER e D. ROI FEIJOO REY, polo seu proxecto de rehabilitación dunha vivenda na rúa Liberdade, 24 de Ourense, por coincidir nel unha adecuada interpretación da tradición compositiva e construtiva da arquitectura tradicional que trae como resultado recuperar zonas degradadas do casco histórico da cidade. O xurado valora que a obra levouse a cabo tendo en consideración a estrutura orixinal da construción e o emprego de materiais, sistemas e técnicas tradicionais asociadas cos oficios e o patrimonio vernáculo galego.

[nggallery id=9]

Proxecto Dª. ESTEFANÍA VÁZQUEZ MÜLLER e D. ROI FEIJOO REY

  1. 2. Na modalidade de CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS REHABILITADAS OU RECONSTRUIDAS a:

D. OSCAR ANDRÉS QUINTELA E Dª. LOURDES PÉREZ CASTRO, polo seu proxecto de rehabilitación dunha antiga construción de secado e industria de madeira en Sorribos – Abelleira (Muros) para uso de Escola de Deportes Náuticos, polo que supón de recuperación dunha construción de ámbito pre-industrial ao servizo da sociedade civil.

[nggallery id=10]

Proxecto D. OSCAR ANDRÉS QUINTELA E Dª. LOURDES PÉREZ CASTRO

Considera o xurado que a conservación da estrutura compositiva oco/fábrica orixinal foi moi acertada así como a conservación do esquema da armadura e faldóns da cuberta, facendo a consideración que tivera sido moito mellor a utilización de materiais tradicionais. É de salientar a sensibilidade utilizada na reflexión da relación do edificio coa súa contorna.

Nas valoracións do xurado estivo presente sempre a filosofía de D. Manuel Gómez Román en canto á preservación do patrimonio arquitectónico galego, modernizando a súa estructura pero sempre respectando a tradición. Neste sentido, non se quere deixar pasar a ocasión de salientar positivamente a calidade técnica e profesional dos traballos presentados a concurso.

E sendo as vinte horas dase por finalizada a xuntanza, asinando ao pé os membros do xurado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio