Nomeamento de Francisco Nóvoa fillo predilecto de Maceda

Na historia do Concello de Maceda, tan pródiga en fazañas protagonizadas polos señores do seu castelo, só houbo un veciño que fose merecente de ser nomeado Fillo Predilecto. Este foi o cardeal don Fernando Quiroga Palacios. Isto aconteceu nos tempos da ditadura. Non sabemos se as corporacións de entón non atoparon outro veciño que reuníse méritos dabondo para recibir tal distinción.


A actual Corporación vén de concederlle tales honores ao empresario e veciño de Francos, don Francisco Nóvoa Rodríguez. A iniciativa motivouna o Foro E. Peinador, e axiña o Alcalde comprendeu que chegara o momento de outorgarlle a Paco Nóvoa ese merecemento, que a corporación municipal ratificou no pleno celebrado o pasado mes de agosto.

Don Santiago Prol, escritor macedán,  fixo a louva do homenaxeado facendo un percorrido amplo pola biografía de Paco Nóvoa co relatorio das moitas actividades que foron deixando pouso no pobo macedán.

Don Francisco Nóvoa agradeceu a homenaxe coa voz crebada pola emoción en varios momentos.

O Alcalde pechou acto cunha alocución chea de referencias ao homenaxeado, á memoria e ao presente e futuro de Maceda.

A parte musical estivo a cargo da Coral de Maceda e o cantautor local Xoán Hermida.

Galería fotográfica

[nggallery id=3]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2019 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio