Premios Gómez Roman

No ano 1918 celebrouse a Primeira Asemblea Nacionalista de Monforte. Entre os moitos acordos acadados naquela asemblea, hai varios que a Asociación Setestrelo lle interesa suliñar específicamente:

  • A defensa do patrimonio arquitectónico
  • A protección da paisaxe
  • E a posta en valor do noso patrimonio histórico

Sete anos despois, e dicir en 1925,  celebrouse na cidade de Lugo o Primeiro Congreso de Economía de Galicia, cónclave no que se avanzou na idea de incidir nas administracións públicas, para que contribuísen a definir os espazos naturais e o hábitat rural galego cun proxecto de vivenda unifamiliar coas condicións de habitabilidade necesarias para garantirlles aos labregos un confort e unha hixiene, que non tiñan as casas labregas naqueles momentos. É curioso, pero 85 anos despois queles plantexamentos seguen sendo totalmente actuais.

Moitos anos despois, don Manuel Gómez Román, o arquitecto da singularidade galega, plasmou nos seus proxectos o estilo que máis lle acaía ás nosas construcións populares.

 Velai porque a Asociación de Amigos do Castelo de Maceda  “Setestrelo”, quere recoller os mandados daqueles eventos sociais e culturais, que acubillaban a esperanza dunha Galicia máis de noso, tanto nas formas coma no fondo, en consonancia coas raíces da nosa identidade cultural. Para iso, promove e convoca anualmente os PREMIOS GÓMEZ ROMÁN

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Deixa un comentario


Nome*

Email (non será publicado)*

Web

Teu comentario*

Enviar comentario

© Copyright 2020 Setestrelo - Wordpress - Sitio WEB alojado y actualizado por Novo Milenio